Celga 2: Proba escrita
Ola Adela,
Como estás? Escríboche porque teño unha idea para crear un negocio. Lembreime de ti e o noso plan para facernos autoempregadas esta mañá cando escotei unha entrevista na Radio Galega cunha muller emprendadora que fundou a primeira sastrería canina en Galicia. Como eu son veterinaria e ti traballas como modista, contamos coa formación axeitada e sería doado aplicar nosas destrezas a un labor parecido.
Primeiro, quero contarche máis sobre a nova por se interésate que montemos unha compañía semellante. A entrevistada, Xoana da Maio, creou Margalú, unha sastrería canina, porque decatouse que había unha necesidade para ofrecer abrigos e outras vestimentas para os cans e que non había competición no mercado local. Segundo Xoana, é importante abrigar aos cans cando vai frío por cuestións de hixiene e saúde, e a súa empresa responde a esta necesidade. O que é máis, Margalú tamén ofrece artigos de luxo, como traxes e roupa de festa para mascotas. Así pois, pareceume unha iniciativa moi innovadora e lucrativa.
Coido que podemos ter éxito se producimos un produto parecido: gabans para vacas. Como sabes, fai cinco anos que traballo de veterinaria no sector lácteo galego, e teño visto que, cos cambios da temperatura causados polo cambio climático, é cada vez máis importante abrigar ás vacas no inverno pola saúde dos animais e tamén pola calidade do leite. Nestos momentos, hai poucas empresas que fabrican abrigos taurinos e, de feito, non hai ningún negocio na comunidade que ofrece dicho produto. Así que, acho que esta idea pode resultar xeitosa.
Na miña opinión, pode ser unha boa oportunidade para nós para realizar o noso soño de facernos emprendedoras. Ademais, anímote a colaborar neste proxecto porque sei que estás farta de traballar para túa xefa actual. Como es unha boa negociadora e eu xa teño experiencia co financiamento e a presentación dos proxectos en público, vai ser sinxelo atraer investidores para o noso proxecto.
Pois ben, interésame moito saber que opinas sobre a miña idea. Se queres, podemos falalo en persoa este fin de semana.
Un saúdo,
Merry