¿O que é Brunei?
¡
Ola!
Estou en Brunei
na casa da mi
ña nai (ela traballa aquí nun centro de investigación). Pouca xente de f
óra do sueste asiático sabe o que é Brunei. Brunei é un relativamente pequeno estado que se atopa na illa de Borneo e que ten menos de medio millón de habitantes. En teoría a lingua oficial
é o mala
io estándar, pero arreo usan o inglés como lingua de prestixio (nos comercios, na educación, entre as varias etnias...). Tamén hai o mala
io
bruneíno, que é a lingua materna da maioría da poboación, e
é moi diferente do mala
io estándar (que está bas
eado nas falas de Sumatra e a Península Malaya). Una sexta parte da poboación
é de etnia chinesa, pero eles non teñen
a cidadanía
bruneína. A parte dos chineses, tamén hai pobos indíxenas (que falan linguas austronésicas, a mesma família á que pertence o mala
io) e támiles (sur-indios). O islam é a relixión estatal, e practicamente todos os mala
ios étnicos son musulmanes, polo menos dacordo coa lei, porque a apostasía é ilegal. Entre os que pertencen
ás minorías étnicas tamén hai xente que practica o cristianismo, o budismo ou o animismo indíxena de Borneo.
A capital de Brunei é Bandar Seri Begawan, que ten una etimoloxía moi interesante. "Bhagwaan" significa "Deus" en sánscrito, e "sri" quere dicir "señor".
A palabra "bandar", en cambio, ven do persa, lingua
en que quere decir "porto".
Hoxendía, a diferen
za do significado en persa, en mala
io moderno "bandar" quere dicir "cidade" (é un cambio moi lóxico, xa que os malayos sempre foran un pobo mari
ñeiro e comerciante, polo que conseguiron expandirse á costa de Borneo). É dicir, o nome da capital significa "Cidade Señor Deus" ou "Porto Señor Deus".
Brunei é un país moi rico, principalmente polas suas enormes reservas de petroleo e gas natural. O noventa
por cento da economía está na industria petrole
ira e de gas. Importan a maior parte da comida
doutros países do sueste asiático. En Brunei o crecemento do PIB é negativo (é dicir, ba
ixa), porque a economía non está diversificada e a industria petrole
ira e
gaseira debilítase. O estándar de vida é alto e o estado de benestar é forte (polo menos para os mala
ios étnicos), pero
non sei se iso poderá manterse de mane
ira estable
se chegar un colapso da industria petrole
ira.