Search from various English teachers...
Austria flagMarilenium
Impresións Pasou xa bastante tempo desde que escribín a miña última entrada en italki porque estiven moi ocupada, mais como agora me peta e tenors tempo, pois, velaquí unha nova redacción miña. A finais de agosto cheguei a Galicia, a Vigo máis precisamente. Estivera aquí xa o ano pasado, só algúns días para coñecer un pouco a zona e falar galego. Esta vez, porén, é distinto. Vou quedar ata verán, durante todo o curso académico, xa que agora eu tamén pertenzo ao grupo "ilustre" ese de estudantes de Erasmus. O cliché que moita xente ten dos estudantes de Erasmus pódese explicar con poucas palabras: son unha banda de festeiros que van a outro país pasando os seus días andando de esmorga, sen estudar nada e relacionándose exclusivamente entre si. Non creo que seja somente un cliché - en moitos casos é verdade. Eu sempre sabía que non quería entrar nesa "burbulla" Erasmus e así e como estou a manexar a miña estancia. Non coñezo moitos Erasmus e apenas asisto a eventos organizados para eles (que con frecuencia queren dicir, como xa dixen, andar de esmorga). Pois, que cada un faga o que queira, mais para min non é algo que me apetece moitísimo. Prefiro coñecer xente local, aínda que non sempre é doado. Amais, coa realidade lingüística que enfrentamos, é aínda máis difícil atopar persoas coas que falar galego, un feito que me resulta bastante frustrante. Eu estou en Galicia para practicar galego; se me interesase practicar unicamente o castelán, tería ido a unha rexión monolingüe. No entanto, polo menos na uni escoitase máis galego ca en Vigo cidade, e a maioría das miñas asignaturas tamén son en galego. Así que supoño que aínda así vou mellorando, iso é o que digo a miña profe de galego de Alemaña ao contestar o meu mail. Graciñas polas vosas correccións e un saúdo.

Corrections · 1

1

Impresións

Pasou xa bastante tempo desde que escribín a miña última entrada en italki porque estiven moi ocupada, mais como agora me peta e teño tempo, pois, velaquí unha nova redacción miña.
A finais de agosto cheguei a Galicia, a Vigo máis concretamente. Estivera aquí xa o ano pasado, só algúns días para coñecer un pouco a zona e falar galego. Esta vez, porén, é distinto. Vou quedar ata verán, durante todo o curso académico, xa que agora eu tamén pertenzo ao grupo "ilustre" ese de estudantes de Erasmus. O cliché que moita xente ten dos estudantes de Erasmus pódese explicar con poucas palabras: son unha banda de festeiros que van a outro país pasando os seus días andando de esmorga, sen estudar nada e relacionándose exclusivamente entre si. Non creo que sexa somente un cliché - en moitos casos é verdade.
Eu sempre sabía que non quería entrar nesa "burbulla" Erasmus e así é como estou a manexar a miña estancia. Non coñezo moitos Erasmus e apenas asisto a eventos organizados para eles (que con frecuencia queren dicir, como xa dixen, andar de esmorga). Pois, que cada un faga o que queira, mais para min non é algo que me apeteza moitísimo. Prefiro coñecer xente local, aínda que non sempre é doado. Amais, coa realidade lingüística coa que nos afrontamos, é aínda máis difícil atopar persoas coas que falar galego, un feito que me resulta bastante frustrante. Eu estou en Galicia para practicar galego; se me interesase practicar unicamente o castelán, tería ido a unha rexión monolingüe.
No entanto, polo menos na uni escóitase máis galego ca en Vigo cidade, e a maioría das miñas materias tamén son en galego. Así que supoño que aínda así vou mellorando, iso é o que lle digo á miña profe de galego de Alemaña ao contestar o meu mail.

Graciñas polas vosas correccións e un saúdo.

Want to progress faster?

Join this learning community and try out free exercises!

Don’t miss out on the opportunity to learn a language from the comfort of your own home. Browse our selection of experienced language tutors and enroll in your first lesson now!

Start Learning Today