Manfred Gnädinger e a Costa da Morte – unha vida en plan obra de arte 1
Ola a tod@s! En vez de facer un exame a nosa profe nos deu un texto para traducir e teño aquí unha parte del. Agradézovos tódalas correccións tanto ortográficas como estilísticas que consideredes necesarias, graciñas!
Na pequena parroquia pesqueira Camelle na Costa da Morte apareceu no ano 1961 – ou 1962, non se sabe moi ben – un rapaz alemán descoñecido: só, ben vestido e cunha mochila como a súa única equipaxe. Non foi ata 50 anos máis tarde que se soubo que se trataba de Manfred Gnädinger, un antigo rapaz de pastelería. Naceu o día 27 de xaneiro en Radolfzell e pasou a escolaridade en Böhringen no estado federado alemán Baden-Württemberg. No ano 1953 rematou con boa nota a súa aprendizaxe no Café Keller, onde se di que serven a mellor Torta de Selva Negra do mundo. Porén, polo seu futuro tiña outros plans: quería ser artista. A finais dos anos 50 Gnädinger expuxo autorretratos e gráficas en Lucerna e Basilea, Suíza. A resonancia da prensa local foi moi mala, un crítico dun diario de Basilea chamoulle "inmaturo e sen disciplina". Entón Gnädinger foise a Italia. Iso era unha viaxe moi popular para as almas inquedas de alemáns que estaban á procura de si mesmos. Logo traballou como asistente educativo nun reformatorio e volveu á súa casa natal. No entanto, non aguantou estar aí durante moito tempo e un día pediu as seu irmán que o deixase nalgún lugar adecuado onde facer autostop. Así comezou a súa derradeira gran viaxe que o levou á pequena vila Camelle na Costa da Morte galega, moi preto de Fisterra. Non falaba nada de castelán e os locais levárono a Eugenia Heim, a muller alemá do profesor Pepe Baña, que lle alugou unha casa na entrada da aldea. Aí Gnädinger instalou un museo das súas obras. Logo Heim morreu dunha enfermidade grave e súa familia non tiña entendemento polo rapaz alemán que transformara a súa casa nunha galería. Así el tivo que abandonala, mais non desmaiou. Comprou un rochoso soar preto do porto onde non se podían construír casas, mais só alpendres que empregaban os pescadores para as súas redes e nasas. Foi buscar diferentes materiais e edificouse unha cabana sen auga ou electricidade na que vivir. Comezou a arrodearse de esculturas que ía formando de rocha, morteiro e obxectos do mar. Parece que a paisaxe da Costa da Morte marcada por rochas redondas como bólas xigantes esquecidas no terreo inspirárano en formas que fan pensar nas obras do arquitecto catalán Gaudí.
Search from various English teachers...
Corrections · 2
1
Manfred Gnädinger e a Costa da Morte – unha vida en plan obra de arte 1
Ola a tod@s! En vez de facer un exame a nosa profe nos deu un texto para traducir e teño aquí unha parte del. Agradézovos tódalas correccións tanto ortográficas como estilísticas que consideredes necesarias, graciñas!Na pequena parroquia pesqueira de Camelle , na Costa da Morte, apareceu no ano 1961 – ou 1962, non se sabe moi ben – un rapaz alemán descoñecido: só, ben vestido e cunha mochila como a súa única equipaxe. Non foi ata 50 anos máis tarde que se soubo que se trataba de Manfred Gnädinger, un antigo mozo/aprendiz de pastelería. Naceu o día 27 de xaneiro en Radolfzell e pasou a súa vida escolar en Böhringen no estado federado alemán de Baden-Württemberg. No ano 1953 rematou con boa nota a súa aprendizaxe no Café Keller, onde se di que serven a mellor Torta de Selva Negra do mundo. Porén, para o seu futuro tiña outros plans: quería ser artista. A finais dos anos 50 Gnädinger expuxo autorretratos e gráficas en Lucerna e Basilea, Suíza. As críticas da prensa local foron moi malas, un crítico dun diario de Basilea chamoulle "inmaturo e sen disciplina". Entón Gnädinger foise a Italia. Iso era unha viaxe moi popular para as almas inquedas de alemáns que estaban á procura de si mesmos. Logo traballou como asistente educativo nun reformatorio e volveu á súa casa natal. No entanto, non aguantou estar aí durante moito tempo e un día pediu a seu irmán que o deixase nalgún lugar adecuado onde facer autostop. Así comezou a súa derradeira gran viaxe que o levou á pequena vila de Camelle na Costa da Morte galega, moi preto de Fisterra. Non falaba nada de castelán e os locais levárono a Eugenia Heim, a muller alemá do profesor Pepe Baña, que lle alugou unha casa na entrada da alde; Alí Gnädinger instalou un museo das súas obras. Logo Heim padeceu unha grave enfermidade e morreu e súa familia non tiña entendemento porqué o rapaz alemán transformara a súa casa nunha galería. Así el tivo que abandonala, mais non desmaiou. Comprou un rochoso soar preto do porto onde non se podían construír casas, mais só alpendres que empregaban os pescadores para as súas redes e nasas. Foi buscar diferentes materiais e edificouse unha cabana sen auga ou electricidade na que vivir. Comezou a arrodearse de esculturas que ía formando de rocha, morteiro e obxectos do mar. Parece que a paisaxe da Costa da Morte marcada por rochas redondas como bólas xigantes esquecidas no terreo inspirárano en formas que fan pensar nas obras do arquitecto catalán Gaudí.
Want to progress faster?
Join this learning community and try out free exercises!
Don’t miss out on the opportunity to learn a language from the comfort of your own home. Browse our selection of experienced language tutors and enroll in your first lesson now!
Start Learning Today
