Por fin, máis galego: Onde Hérculos gañou o xigante
Velaquí unha parte da miña tradución dun texto (en alemán) sobre a Torre de Hércules na Coruña. Por favor, avisádeme se hai algo que soe raro o cousas que non se entenden. Graciñas!
Nas aforas da Coruña atópase o faro máis antigo do mundo. As bonitas igrexas e prazas, porén, tamén atraen moitos turistas.
Sobre as rochas cubertas de verde no noroeste de España domina, maxestosamente, a Torre de Hércules. É o faro máis antigo do mundo aínda en funcionamento. Dende hai case 2000 anos está aí, destruído varias veces ao longo do tempo reconstruído cada vez para indicarlles aos mariñeiros a camiño no Atlántico. Para Manuel Mosquera, que vive na cidade portuaria dende que naceu, é algo mai especial e ao mesmo tempo unha parte normal da súa vida diaria. Como fareiro garda o símbolo da Coruña dende hai dez anos.
(...)
Ao rei Alfonso X. o Sabio (1252 – 1284) esta historia pareceulle demasiado sinxela. Tiña outra versión: Houbo un tempo que o heroe grego Hércules chegou á rexión para liberala do dominio do xigante Geryon. Dise que loitaran durante tres días e tres noites antes de que gañase o fillo de Zeus. Arriba dunha rocha preto do mar o grego enterrou o seu adversario e, segundo a lenda, construíu un faro enorme xusto nese lugar.
(...)
Cara ao leste Manuel Mosquera mira sobre a Ría da Coruña, de aparencia azul e prateada brillante. É unha das numerosas entradas do mar da rexión. No horizonte avístase a pequena illa A Marola. „Quen navegou aquí pode navegar en todo o mundo“, como di o refrán dunha canción antiga. Aos galegos gústalles eloxiar a ferocidade das súas augas.
(...)
Aínda hoxe, durante a actual crise económica, sobre todo a xuventude do norte de España fai as maletas para mudarse a outro lugar onde atopar ocupación. O guía turístico Daniel Malvido, que naceu no ano 1982, os pode entender perfectamente. Sube ao faro de Mosquera con case tódolos seus grupos de turistas. „Moitos amigos meus son sobrecualificados para os seus traballos, mais non gañan suficiente para vivir.“ El mesmo, pouquiño a pouquiño, estableceu unha empresa propia. Quere vender o „Slow Travel“, unha maneira lenta e sustentable para viaxar. Durante os seus estudos pasou moito tempo no estranxeiro para aprender o máis posible sobre o sector do turismo. Estas viaxes as financiou como suplente na lonxa do porto, un dos puntos de comercio de peixaría máis grandes do país.
Search from various English teachers...
Corrections · 3
1
Por fin, máis galego: Onde Hérculos gañou o xigante
Velaquí unha parte da miña tradución dun texto (en alemán) sobre a Torre de Hércules na Coruña. Por favor, avisádeme se hai algo que soe raro o cousas que non se entenden. Graciñas!Nas aforas da Coruña atópase o faro máis antigo do mundo. As bonitas igrexas e prazas, porén, tamén atraen moitos turistas.
Sobre as rochas cubertas de verde no noroeste de España domina, maxestosamente, a Torre de Hércules. É o faro máis antigo do mundo aínda en funcionamento. Dende hai case 2000 anos está aí, destruído varias veces ao longo do tempo reconstruído cada vez para indicarlles aos mariñeiros o camiño no Atlántico. Para Manuel Mosquera, que vive na cidade portuaria dende que naceu, é algo moi especial e ao mesmo tempo unha parte normal da súa vida diaria. Como fareiro garda o símbolo da Coruña dende hai dez anos.
(...)
Ao rei Alfonso X. o Sabio (1252 – 1284) esta historia pareceulle demasiado sinxela. Tiña outra versión: Houbo un tempo no que o heroe grego Hércules chegou á rexión para liberala do dominio do xigante Geryon. Dise que loitaron durante tres días e tres noites antes de que gañase o fillo de Zeus. Enriba dunha rocha preto do mar o grego enterrou o seu adversario e, segundo a lenda, construíu un faro enorme xusto nese lugar.
(...)
Cara ao leste Manuel Mosquera mira sobre a Ría da Coruña, de aparencia azul e prateada brillante. É unha das numerosas entradas do mar da rexión. No horizonte avístase a pequena illa da Marola. „Quen navegou aquí pode navegar en todo o mundo“, como di o refrán dunha canción antiga. Aos galegos gústalles eloxiar a ferocidade das súas augas.
(...)
Aínda hoxe, durante a actual crise económica, sobre todo a xuventude do norte de España fai as maletas para mudarse a outro lugar onde atopar ocupación. O guía turístico Daniel Malvido, que naceu no ano 1982, os pode entender perfectamente. Sube ao faro de Mosquera con case tódolos seus grupos de turistas. „Moitos amigos meus están sobrecualificados para os seus traballos, mais non gañan suficiente para vivir.“ El mesmo, pouquiño a pouquiño, estableceu unha empresa propia. Quere vender o „Slow Travel“, unha maneira lenta e sustentable de viaxar. Durante os seus estudos pasou moito tempo no estranxeiro para aprender o máis posible sobre o sector do turismo. Estas viaxes as financiou como suplente na lonxa do porto, un dos puntos de comercio de peixaría máis grandes do país.
Want to progress faster?
Join this learning community and try out free exercises!
Don’t miss out on the opportunity to learn a language from the comfort of your own home. Browse our selection of experienced language tutors and enroll in your first lesson now!
Start Learning Today
