"Made in Galiza"
Quero contarvos unha cousa, fai duas semanas merquei o meu primeiro libro en galego.
Chámase "Made in Galiza" e é dun escritor novo que se chama Séchu Sende.
Foi moi complicado atopar este libro, intentei facer o pedido coa Casa do libro e na libreria da miña vila mais nada..ó final acordeime dunha libreria en Roma onde vendían libros españois e decidín intentar. Conseguín mercalo con eles e a verdade é que mereceu a pena esperar un pouquiño máis porque este libro volveme tola.
Por qué decidín ler este libro? Pois porque uns amigos falaronme deste libro e aconsellaronmo porque saben que interésame a sociolinguística, ademáis poden ler na rede partes dos contos do libro e tamén poden ver en youtube unha reseña e unhas representacións dun par de contos.
Coidaba que sería complicadiño entender, en cambio podo entender case todo e iso faime moitísima ilusión. Vou tomando nota das palabras e das expresións que non entendo e logo buscoas.
Ainda non o acabei pero estou a ponto de terminalo. Na miña opinión é un libro moi interesante e aportador, de maneira sinxela e simpática Sechu explicanos a situación do galego en Galiza, as actitudes das persoas coa lingua galega, a relación diglósica entre castelán e galego, o amor dos galegos pola súa terra e a súa cultura...
Un libro que aconsello, xa sexa para coñocer mellor a lingua e a cultura galega, pero tamén para ver diferentes perspectivas do galego e diferentes pontos de vista da xente.
Espero que poidades correxir o meu texto e aconsexarme cómo podo mellorarlo e, se vos apetece, tamén darme a vosa opinión sobre este libro.
Un saúdo,
Barbara