Nunha piscina, como se chaman as faixas lonxitudinais separadas por boias
Creo que esta é a primeira pregunta que se formula na miña lingua no foro :).
Adoito escoitar, para describir as faixas que dividen a piscina lonxitudinalmente, o castelanismo "calles", o cal é evidentemente un erro. Mais consultando algúns dicionarios, nomeadamente o dicionario da RAG (2012), no consigo atopar o termo que describe ditas faixas. Sei que en portugués se chaman "raias", e acho que non sería unha mala solución adoptar ese termo. Se hai algún galegofalante no foro, ou algún coñecedor da nosa lingua que poida opinar, será benvido. Aproveito a ocasión para dar a coñecer aos outros membros da comunidade de italki a nosa fermosa lingua, o galego.
Search from various English teachers...
Answers · 6
0
Calle, ou rúa en galego, é cada un dos espacios destinados para o nado. O que divide a piscina lonxitudinalmente denomínase corcheira (corchera en castelán).
Saúdos.
0
Eu chamaríalle carreiros, aunque ten connotacións agrícolas. Carrís tamén pode entenderse. Busqueino tamén na RAG pero sen atopar gran cousa. Alégrome de que a nosa língua esté presente nestes lares :D
Un saúdo a tódolos galegos!
0
Eu supoño que sí tamén se lles chama "carriles" en castelán, pois en galego que segundo a RAG, una acepción de carril é: "Parte dunha vía pública, estrada etc., destinada á circulación dunha soa ringleira de vehículos" con ese "etc" podería estar incluíndo tamén sobre a circulación dentro dunha piscina.
0
sou da colombia e quero felicitarvos per o vosso interes pelas lenguas iberoromances que muito se hao poerdido en latinoamerica e na lelhana España...e respecto a tua pregunta nao sei responderte creo que se chamam assimCALLES... e adios parcero que tenga buen dia desde medallo mi viejo siempre en el mango se les quiere y se les lleva como decimos en colombia
0
Moitas grazas, Esaro, agardo as túas novas;).
Still haven’t found your answers?
Write down your questions and let the native speakers help you!
Don’t miss out on the opportunity to learn a language from the comfort of your own home. Browse our selection of experienced language tutors and enroll in your first lesson now!
Start Learning Today
